Destino, perderse. A lei do constante intento
"Destino, perderse. A lei do constante intento" é unha curtametraxe creada en base ao Castelo de Naraío e o feito de que este foi construido e reconstruido varias veces na mesma ubicación.
A través de esta idea, reflexionase sobre o bucle dentro da creación artistica, así mesmo aplicado a calquera outra proceso; dende a creación de esta curtametraxe, aprender a atar os cordóns dos zapatos e o mesmo camiñar. Sempre dando un paso detrás de outro. Este último ten unha gran presenza tanto no proceso como no resultado final da curta (Ainda que ambos os dous sexan o mesmo).
O proceso comezou recopilando imaxes ata non poder mais. Posteriormente traballouse con elas através do garabato onde, grazas á incertidumbre e á sensación de caos dentro do perderse, surxiron tal cantidade de ideas e posibilidades que o final acabou sendo o mesmo que o inicio, e fusionouse por completo o concepto de resultado e proceso.
É preciso perderse de vez en cando por algún que outro camiño, acompañados sempre da incertidumbre e sen esquecer a lei do constante intento. Non sempre é preciso chegar ao final, o importante é simplemente intentalo. De esta maneira, cada vez que se repita o bucle mellorará un pouco máis ata chegar a un punto onde simplemente se fai.
Comentarios
Publicar un comentario